miércoles, 25 de enero de 2017

Supoño, Jack




Supoño, Jack




Supoño, Jack,
que as pelis non son só a rodaxe que se colga no Facebook,
senón tamén o que hai detrás.



Supoño,

que foi a miña alma a quedou conxelada,
e afogada nas frías profundidades dos meus medos.



Supoño tamén,

que logo de todo isto,
resultou que ti eras o iceberg,
e o meu corazón tropezou quedando máis esnaquizado
que a pantalla do meu móbil.



Supoño, Jack,

que cansa de agardar en converterme nunha das túas chicas francesas,
comecei a quererme.



Supoño,

que agora xa non necesito que me debuxes:
agora son a miña propia musa.





















lunes, 5 de diciembre de 2016




Agora bébome as estrelas que non me quixestes levar a ver


As noites de verán son baleiras, están desestreladas.
Galicia quedou sen estrelas por non querer velas comigo,
e xa non hai desexos, e xa non hai amores fugaces.

O amor e a paixón
atópanse extintos
no meu mundo de ebriedade.
E xa non hai risadas, e xa non hai apertas
nin miradas; só quedan cervexas baleiradas
para encher con brilo a miña alma apagada.
A miña alma que semella
a santa sen compaña,
vagando en pena
polas eternas noites desestreladas.



E mentres o ceo brilaba algún antigo xaneiro,
agora é verán e o ceo xa non brila:

                        agora bébome as estrelas que non me quixestes levar
                        a ver.












jueves, 24 de noviembre de 2016




Todo toxo garda unha historia baixo as súas espiñas


Todos temos unha historia que carece de folgos para ser contada.
Aló no máis profundo desa muller con carácter, ese toxo, que bota unha risada e bebe estrelas.
Detrás desa impulsividade ao falar, eses xestos.
Tra-los monólogos dunha noite calquera.
Tra-la pisa.

Atópase unha muller que non quere ser contada, a cara da lúa que non quere mostrar,
por mor de que os demáis fuxan ao ver os grandes cráteres incrustados na súa alma,
por mor de mostrarse espida, por mor de falar máis da conta cun silencio.

A ti che fago un chamamento, muller brava,
para que conquistes a túa cara oculta
e lla ensines aos demais.

A ti, muller con carácter,
que se agocha no pracer
dos sabores,
e do falar,
e non se decata de que está afogando.

A ti, muller valente,
busca a coraxe perdida
no máis profundo do teu ser.
Porque todos temos una historia,
e todos temos dereito a contala,
e a sufrila,
e a chorala,
e a desfrutala,
e a aprendela.

E só os que che ispan a alma cunha mirada, son quen de ser sabedores dela.

Porque non todos se decatan, que baixo as espiñas dun toxo, 
existe unha punzante historia,
que da como froito
as máis fermosas flores.  









martes, 8 de noviembre de 2016



Sempre quedei comigo


+Chicadelapisa, para quen te pos tan guapa? Con quen quedastes hoxe?

-Sempre quedei comigo, sempre me puxen guapa para min.


Queda sempre contigo, ponte guapa sempre para ti.
Primeiro queda contigo, primeiro queda para ti.
Primeiro quérete, abrázate, ámate, apláudete.
Pimeiro valórate, primeiro síntete, explórate, introspecciona en TI.


Segundo... non hai segundo, non hai un logo, só hai agora, só hai primeiro, só hai un TI.

E se non te queres AGORA, cando o vas a facer?
E se non te valoras ti, quen o vai a facer?
E se non te amas, como vas a sentirte amada?

E se me quero hoxe, vivirei querida.
E se me valoro eu, nada impedirá o meu brilo.
E se me amo, entenderei o que é amar.

E se non me poño guapa para ninguén, póñome fermosa para min.

E se LOGO non lles gusto?
E se LOGO non me queren?
E se LOGO me din algo malo?
E se LOGO non lles gusta a miña idea?
E se LOGO non queren quedar comigo?

Créeme, o día que deixes de pensar nos LOGOS e penses nos AGORAS, e penses nos primeiros, e penses nos TIs... ese día empezarás a vivir para ti.

E si os demáis...?
Os demáis, están de máis. (PRIMEIRO, AGORA, TI...)











miércoles, 2 de noviembre de 2016

viernes, 21 de octubre de 2016



Ca vida, mamá, estoume rindo ca vida



E aquel día, sen agardalo, sen pensalo, sentino. Nunca antes probara sabor máis fermoso e alucinante. Nin sequera a pizza o superaba.

Sabía a satisfacción, a bágoas, a medos, á máis profunda escuridade. A rímel corrido, a rizos, a alcohol, moito alcohol, a vómito, a resaca de domingo, e de venres, e de semanas eternas.

Sabía a alma, a asfalto mollado observando o temporal no faro de Corrubedo, a amenceres na praia, ás fogueiras de san Xoán. A abrazos, ás follas que pisas no outono. Sabía a un libro novo, a zapatillas de goma, sabía ao mellor orgasmo, e á peor decepción. Sabía a mar bravo, a gracias, ás máis sinceras gracias... joder, sabía a felicidade!


Cando o saboreei pechei os ollos e deixei que as miñas emocións me invadiran: comecei a brincar, e a rir chorando, e a chorar rindo. Estremecinme, mireime no espello, abraceime, ameime, botei a gritar coma cando Marcos me facía cóxegas... e entón miña nai petou na porta dicindo:

-Antía, pero con quen te estas rindo?!

-Ca vida, mamá, estoume rindo ca vida. -e todo cobrou sentido.


Gracias, vida, encantada de coñecerte.







sábado, 8 de octubre de 2016


Que non saiban que os vampiros, foron persoas unha vez


O día pasaba tan lento
coma a sede de tres meses
sin foder.
Pero cando chegaba a escuridade da noite,
alumeaba a miña vida sen sentido.

Vamos, vístete!
Píntate coma a morta máis viva,
ponte o sorriso, agocha os cabeiros
para o momento de ataque.

Coma un vampiro sedento de alcohol,
que absorbe pescozos desamparados.
Necesito saciar as miñas gañas
de chorar,
necesito converter
os laios en orgasmos.

Cunha pirola dentro
o baleiro está máis cheo.
Vamos, métema!
Logo de pasarche o veleno,
daraste conta de que estou máis morta
que as flores do cemiterio
o día de todos os santos.

Vamos, vístete! Imos foder licántropos.

Agóchate, ponte a máscara,
que non saiban que os vampiros,
foron persoas unha vez...